jueves, 9 de febrero de 2012

SALTA AO GALEGO!!!!!

 No Ies As Barxas estamos a realizar unha Guía do Atletismo para que toda persoa que teña interese por este deporte poida atopar a información que busca no noso idioma, o galego. Trátase dun traballo feito polo alumnado de 2º e 3º da ESO en colaboración cos departamentos de Educación Física, Plástica e Normalización Lingüística do centro. A proposta de traballo partiu do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña. Alejandro Rodríguez, de 2º ESO C, pensou no noso lema e saíulle este: SALTA AO GALEGO!, que foi o nome elixido para este proxecto.
A nosa información artéllase en varios bloques: Atletas do mundo, Probas atléticas, O atletismo no Morrazo... e irá sendo actualizada a medida que imos recollendo a información.
Pois xa sabedes, animádevos e... dade o salto!!!