tag:blogger.com,1999:blog-26530321924875012122024-03-08T00:14:24.439-08:00A GUÍA DO ATLETISMO DO IES AS BARXASA GUÍA DO ATLETISMO DO IES AS BARXASUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-2653032192487501212.post-55992284886485074242012-02-09T08:51:00.000-08:002012-06-12T02:07:27.310-07:00SALTA AO GALEGO!!!!!

No Ies As Barxas estamos a realizar unha Guía do Atletismo para que toda persoa que teña interese por este deporte poida atopar a información que busca no noso idioma, o galego. Trátase dun traballo feito polo alumnado de 2º e 3º da ESO en colaboración cos departamentos de Educación Física, Plástica e Normalización Lingüística do centro. A proposta de traballo partiu do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña. Alejandro Rodríguez, de 2º ESO C, pensou no noso lema e saíulle este: SALTA AO GALEGO!, que foi o nome elixido para este proxecto.

A nosa información artéllase en varios bloques: Atletas do mundo, Probas atléticas, O atletismo no Morrazo... e irá sendo actualizada a medida que imos recollendo a información.

Pois xa sabedes, animádevos e... dade o salto!!!
Unknownnoreply@blogger.com0